Sair ao mundo nestes tempos cunha profesión como a de escultor é como entrar nunha fraga cun machado coa folla de madeira e o mango de aceiro...
A história do noso machado proxecta unha reflexión sobre a inutilidade , o fracaso, e a esperanza.
Cunha actitude platónica o protagonista da curta entrégase a un metódico proceso artesanal para reelaborar un obxeto utilitario como o machado , anulando a función da ferramenta convértea nun obxeto escultórico carente de calquer utilidade práctica , o machado coa folla de madeira nas mans do seu creador entrando na fraga ofrece unha posibilidade sen ningunha garantia de éxito , ainda así o machado como calquer outra creación artistica contén a esperanza de cumprir a súa "función" o tempo que retrata a actitude vital dun creador , imos ir , ainda que non cheguemos..
Título: Machado
Idea, escultura e performance: Francisco Remiseiro
Gravación e montaxe de vídeo: João Aveledo
Banda sonora, composición e zanfona: Germán Díaz
Oboé: Benxamín Otero.
Ano: 2019